Blogia

EDUVIAL

EDUVIAL NO PREMIO ESPIRAL

EDUVIAL NO PREMIO ESPIRAL

Eduvial xa foma parte dos blogs de mestres e mestras presentados para o IV Premio Espiral de Edublogs 2010 que organiza a Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía.

Se queres facer un comentario sobre EDUVIAL e apoiar a nosa proposta podes facelo neste enlace

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

EDUVIAL ONLINE

Podes visitar o noso blog de recursos online.

http://eduvialonline.blogia.com

Alí atoparás enlaces con distintas páxinas e asociacións donde ofrecen xogos e actividades online para practicar todo o que sabes sobre seguridade vial e aprender moitas máis cousas

CLAUSURA DO OBRADOIRO EN MONDARIZ

CLAUSURA DO OBRADOIRO EN MONDARIZ

O pasado xoves día 26 de novembro rematou o obradoiro de Educación Vial que estabamos impartindo en Mondariz.

En liñas xerais os resultados foron moi bos, cumpríronse os obxectivos e puidemos realizar un montón de actividades; elaborar carteis, ver vídeos, facer sinais, imitar aos policías, coñecer as partes da bicicleta, aprender normas de circulación, xogar con distintas actividades en internet,...

Moitas grazas ao CPI Mondariz pola axuda prestada e moitas grazas aos alumnos por participar!

 

MAQUETA EDUCACIÓN VIAL

MAQUETA EDUCACIÓN VIAL

Nesta foto podemos ver parte do traballo realizado polo alumnado de Educación Vial nunha das actividades.

Nesta ocasión o alumnado tiña que recortar diferentes sinais, edificios, persoas e vehículos para finalmente realizar unha maqueta que mostre a interacción entre os distintos elementos e a importancia do uso correcto dos sinais de tráfico.

A montaxe foi realizada por David.

Moi chulo o resultado!

CARTEL SEGURIDADE VIAL

CARTEL SEGURIDADE VIAL

Este cartel de seguridade vial foi deseñado polos alumnos Mikel e Borja dentro das actividades do Obradoiro de Educación Vial impartido durante os meses de outubro e novembro en Mondariz.

Bo traballo!

 

USA O CINTURÓN

USA O CINTURÓN

Este cartel foi ideado e elaborado polos alumnos Anxo e Andrés do "Obradoiro de Educación Vial" en Mondariz durante o mes de novembro de 2009.

Bo traballo!

 

OBRADOIRO EDUCACIÓN VIAL EN MONDARIZ

OBRADOIRO EDUCACIÓN VIAL EN MONDARIZ

Durante os meses de outubro e novembro de 2009 estivemos impartindo un Obradoiro de Educación Vial no CPI de Mondariz.

Todos os xoves de 4 a 5.30 da tarde compartimos experiencias e actividades co alumnado.

Tivemos a oportunidade de desenvolver un montón de actividades gracias á colaboración do equipo directivo do centro que nos prestou axuda en todo momento así como as instalacións (salón de actos, aula de informática).

 

ENCHÚFATE A LA VIDA

Dende o Centro FTA Oliva (Valencia), un grupo de traballo formado por profesionais do ensino da Lingua e Literatura Castelá e técnicos en audiovisuais: Amparo Burgos, Rebeca Sempere, Xelo Parra, Bernat Arocas e Rafaela Reig xunto coa colaboración da Cruz Vermella e osesoramiento da coordinadora provincial DGT-Valencia (Inés Reig) nos presentaron o proxecto “De la ficción a la realidad”.

Este equipo elaborou un material educativo formado por tres unidades didácticas que desenvolven pautas de actuación e prevención en accidentes de tráfico dende o impacto publicitario e o tratamento de textos ata a creación e elaboración dunha curta.

O resultado final leva por título “Enchúfate a la vida”.

Dende EDUVIAL enviamos un afectuoso saúdo

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

VISITA Á GALESCOLA

O pasado venres día 15 de maio, os e as máis pequenas da Galescola de Salceda de Caselas recibiron unha visita moi especial da Policía Local.


Podes ver máis neste enlace:


http://galescolas.net/blogue_centro/salceda_de_caselas/2009/05/15/conecemos-a-policia/

SALUDOS DE EDUVIAL

Eduvial pretende ser un sitio común de todas aquelas persoas con inquedanzas referidas á Educación Vial.

Está formado por profesionais do ensino e a seguridade cidadá que dedican parte do seu tiempo a realizar actividades relacionadas con este tema.

O noso e-mail de contacto é eduvial@live.com

Saúdos e grazas por visitarnos!

ACTIVIDADES ON-LINE

 

Visita o noso blog de recursos neste enderezo

http://eduvialonline.blogia.com

 ou premendo aquí

 

 

EDUVIAL NA PRENSA LOCAL

O pasado mércores 13 de maio o periódico "Faro de Vigo" fixo pública nas súas páxinas da comarca de Baixo Miño a noticia sobre a participación do grupo de traballo Eduvial, formado por Roberto Cameselle e Ana Mariño, nas V Jornadas de Educación Vial para Adultos en Benidorm.

Por outra banda, ese mesmo día, e en versión dixital, o diario VigoMetropolitano fíxoo da seguinte maneira:

Pincha

 

CLUBE DE LECTURA NO IES PEDRAS RUBIAS

Roberto Cameselle, Policía Local del concello de Salceda de Caselas, participou o pasado mes de febreiro no "Clube de Lectura" do Instituto de Ensino Secundario Pedras Rubias.

Neste enlace podedes escoitar a lectura

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Publicación do PROXECTO EDUVIAL

Xa temos publicado o noso proxecto.

Podes velo en Publicaciones Didácticas na revista do mes de novembro de 2009 nas páxinas 99 e seguintes.

Enlace para a páxina:

www.publicacionesdidacticas.com

5as JORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL PARA ADULTOS EN BENIDORM

5as JORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL PARA ADULTOS EN BENIDORM

EDUVIAL acaba de presentar su primer proyecto en las V JORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL PARA ADULTOS celebradas entre el 24 y 26 de abril en Benidorm.

El proyecto desarrolla todos los pasos a seguir para elaborar un sitio web municipal con información sobre legislación local y estatal en materia de circulación así como un novedoso formato que permite la participación ciudadana.

Parte de la necesidad de concienciar a la población de la necesidad de unos buenos hábitos para una seguridad vial plena, incluyendo actividades para motivar la participación.

La experiencia ha sido tan gratificante para nosotros que ya estamos pensando en otros proyectos...

Muchísimas gracias al apoyo, orientación y colaboración ofrecidas por todo el equipo organizador de la DGT: Perfecto, Nereida, Violeta y Andrés; así como a todas aquellas personas con las que hemos compartido estas jornadas de reflexíón y trabajo en torno a la Educación Vial.

Gracias

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres